jueves, 27 de enero de 2011

PÁXINAS DE INTERESE

Ola de novo. Abrimos na marxe esquerda deste blogue un apartado de ligazóns a páxinas que consideramos poden ser de interese para tod@s @s lector@s.

Se coñecedes algunha outro sitio en internet que poidamos engadir, facédenolo saber:
- publicando un comentario no blog
- por correo-e a anpamacineira@gmail.com
- cunha nota dirixida á ANPA por medio d@ vos@ fill@ 
- en persoa cando nos vexades.


Reiteramos o noso desexo dun bo 2011 para tod@s.

miércoles, 26 de enero de 2011

CAMBIO NA HORA DO TRANSPORTE PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DOS XOVES

Ola de novo. Aínda que xa fostes informad@s por teléfono, confirmamos de novo o cambio de horario de saída do autobús o xoves.

A partires de mañá, día 27, o autobús sairá de Viladonelle ás 15.30, de xeito de que chegue á Escola un pouco máis tarde do que facía ata agora.

Este cambio obedece a que o autobús estaba a chegar moi cedo. Confiamos en que con este retraso na saída @s nen@s darán collido o transporte sen problemas e chegarán ao Colexio pouco antes do comenzo das actividades.

miércoles, 12 de enero de 2011

PAGO DAS ACTIVIDADES

Ola a todo@s. Só lembrarvos de que mañá, xoves 13, é o día en que estaremos no Centro das 17 ás 18 horas para o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA.