domingo, 20 de febrero de 2011

PROGRAMA DE RADIO:DÍA DA PAZ

Ola de novo,

Como xa saberedes, houbo programa de radio no Colexio o pasado 28 de xaneiro co gallo da celebración do Día Mundial da Paz.

Moitos de nós non damos sintonizado a canle da radio pola que se emiten estes programas, e mesmo @s propi@s nen@s non se poden oir despois de térense gravado.

Foi por isto que se propuxo ao Colexio a posibilidade de gravar estas retransmisións para poder escoitalas "en diferido" cando e cantas veces queiramos. A isto é o que se lle chama "podcast".

O programada de radio preparado para o Día da Paz 2011 é o primeiro destes podcasts, e podédelos escoitar premendo AQUÍ.

Aquí tedes a galería de fotos onde se mostra o traballo feito por toda a comunidade escolar para levar a cabo a celebración deste día:



Esperamos que vos guste a idea. Coma sempre, agardamos os vosos comentarios, opinións ou suxestións.

miércoles, 2 de febrero de 2011

VÉN O ENTROIDO!!

Hoxe recibistes unha nota do Colexio onde se anuncia a temática do Entroido deste ano. Como haberá quen decida elaborar o disfraz na casa, deixámosvos unhas ligazóns a sitios en internet onde hai fotografías que poden server de "inspiración". Se alguén sabe dalgún outro sitio na rede, pode deixar un comentario indicándoo. Mans á obra!

Tenda online de disfraces 1 (infantil)
Tenda online de disfraces 2 (infantil)
Tenda online de disfraces 1 (adultos)
Tenda online de disfraces 2 (adultos)

martes, 1 de febrero de 2011

PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola de novo. Lembrámosvos que o vindeiro xoves 3 é o día en que estaremos no Centro das 17 ás 18 horas para o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA.