martes, 20 de diciembre de 2011

FESTIVAL DE NADAL

Ola de novo,

Lembrade que o Colexio ten xornada reducida de10 a13 horas o mércores 21.

Se facedes fotos que queirades compartir a través deste blog, enviade un correo-e a anpamacineira@gmail.com e compartiremos con vós o álbum que xa está creado con motivo desta celebración.

Aproveitamos para desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas e próspero 2012.

RECOLLIDA DE XOGUETES


Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

RECOLLIDA DE XOGUETES

Ola de novo,

Ao longo desta semana haberá campaña de recollida de xoguetes usados. O venres 16 virán buscalos á hora do recreo.

PISCINA (ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR)

Bo día,

Informámosvos de que haberá xornada de portas abertas o vindeiro venres 16 á hora habitual da actividade os mércores. O mércores NON haberá piscina.