viernes, 30 de noviembre de 2012

CASE 95% DE ASOCIADOS!!!

Ola a todos,

Estámolo conseguindo!

Prácticamente todas as familias do CEIP Maciñeira son socias  da ANPA. Dende  a Asociación agradecemos este xesto que non fai máis que favorecer aos nosos fillos, o máis importante, e a razón de que unha asociación de nais e pais exista.

A vindeira semana enviaremos un sobre ás familias que quedan por asociarse, animándoas a que o fagan por  un pagamento único de €10.


sábado, 24 de noviembre de 2012

CADA VEZ MÁIS!!

Dende a ANPA do CEIP Maciñeira animamos aos pouquísimos pais e nais que quedan por asociarse a facelo. Só son €10 por familia, e as ventaxas son moitas.


 A maioría xa o somos!

viernes, 23 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes 27, de 16 a 18 horas, realizaranse as votación para a renovación do Consello Escolar. 


Acude! O teu voto importa.

domingo, 4 de noviembre de 2012

MAGOSTO

O venres 9 ás 11.50 celebraremos o Magosto e o Día do Peón no Colexio. Esperámosvos!!