sábado, 22 de junio de 2013

BOS DÍAS DENDE MACIÑEIRA!!!

Logo de pasar unha noite onde durmimos (máis ou menos) no Cole, estamos en pé de novo, xogando no castelo inchable, debuxando no patio de arriba e preparando os globos de auga para o final da mañá. Pasámolo en grande, e esperamos ver ao Mago Macín de novo!

viernes, 21 de junio de 2013

lunes, 17 de junio de 2013

FESTA DE FIN DE CURSO

O venres 21de 10 a 13 horas haberá Sesión Disco e Hinchable para celebrar o remate do curso. Vide todos!

viernes, 14 de junio de 2013

LUCAS EN RADIO BURELA

Agradecemos á profe Josefina de 2º de Primaria  que nos enviou a ligazón de Proxecto Neo, unha colaboración entre Radio Burela e os Institutos Perdouro e Monte Castelo. Na emisión do pasado día 12 entrevistaron a Lucas Fojo Grandal, alumno de Josefina, ao que podedes escoitar a partires do minuto 6:30 premendo AQUÍ.

lunes, 10 de junio de 2013

FIN DE CURSO + UNHA NOITE CO MAGO MACÍN

O vindeiro  21 cadrará o fin de  curso coa xornada de convivencia  "Unha noite co Mago Macín". Ao longo destes días recibiredes máis información ao respecto.