viernes, 17 de julio de 2015

CHEQUES E LIBROS DO FONDO SEN RECOLLER

As persoas que non recolleran o cheque para a adquisición de libros ou os libros que lles corresponderon do Fondo existente no Colexio poderán facelo a partires do 1 de Setembro de 2015.

Aconsellamos tamén que gardedes unha fotocopia do cheque e que pidades factura dos libros que adquirades co cheque, para evitar malentendidos no caso de que a Xunta reclame libros que non teñades na vosa posesión.

Que pasedes un moi bo verán!



martes, 14 de julio de 2015

FONDO LIBROS E CHEQUES: CURSO 2015-16

Ola a todos e todas:

Lembrade que a recollida de vales é o día 15/07/2015 de 10:00 a 13:00 horas e que a recollida de libros do fondo solidario realizarase o venres 17 de 10:00 a 13:00 horas.



IMPORTANTE!


  • COMPROBADE QUE OS LIBROS MERCADOS SON OS QUE CONSTAN NO VALE. 
  • O  IMPORTE  DA AXUDA DEBERÁ DESTINARSE ÍNTEGRAMENTE Á ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO E SÓ  A  ISO (DE NON SER ASÍ, PÓDE NSE PERDER  AS AXUDAS PARA O CURSO ACADÉMICO SEGUINTE POR NON PODER DEVOLVER OS LIBROS  DE TEXTOS QUE RECLAMA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN)
  • Os libros non deben deteriorarse debido a que deberán manterse en uso durante seis cursos académicos. 
  • LEMBRADE QUE SON LIBROS DE PRÉSTAMO. É IMPORTANTE FORRALOS E POÑER O NOME DO ALUMNO/A NO FORRO (NUNCA DIRECTAMENTE NAS PASTAS OU NAS PÁXINAS).
  • A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e nas axudas para a adquisición de libros de texto convocadas pola Xunta de Galicia.