martes, 31 de enero de 2017

O BLOG DA ANPA DO CEIP MACIÑEIRA CESA A SÚA ACTIVIDADE





Dado que as novas tecnoloxías son as que mandan, vemos que o grupo de Whatsapp estivo dando un mellor resultado para estar en contacto máis directo, polo que consideramos que xa non é necesario seguir actualizando este blog.

Decirvos ademáis que o vindeiro curso imos ter unha app específica para ter instalada nos nosos móbiles e poder recibir toda a información dun xeito rápido e seguro... acabouse andar remexendo nas mochilas á procura da nota do cole!!

Deixaremos o blog aínda accesible polas ligazóns dispoñibles á man esquerda, porque consideramos que son de interese.

Dende a ANPA do CEIP de Maciñeira dámosvos as grazas por ter seguido este blog todos estes cursos.

No hay comentarios: