viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL!!

Hoxe celebramos o festival de Nadal cun programa moi completo: teatro, panxoliñas, poemas, visita dos Reis Magose a entrega dun pequeno agasallo a Nuria, ou máis ben para a súa nena, que nacerá no 2013!!

Aproveitamos para desexarvos unha boas festas e que o 2013 veña con boas cousas para toda a comunidade no CEIP Maciñeira.

martes, 18 de diciembre de 2012

VISITA AO BELÉN DE AS SOMOZAS

Onte os nenos e nenas deo CEIP Maciñeira visitamos o Belén de As Somozas.

Na marxe esquerda podedes ver as fotos que fixemos. Se alguén máis quere compartir as súas fotos, que nolas manden!!

lunes, 10 de diciembre de 2012

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

Comezamos coa campaña de recollida de xoguetes en bo estado destinados aos nenos que menos teñen.
Podedes deixalos no Cole a partires de hoxe.

viernes, 30 de noviembre de 2012

CASE 95% DE ASOCIADOS!!!

Ola a todos,

Estámolo conseguindo!

Prácticamente todas as familias do CEIP Maciñeira son socias  da ANPA. Dende  a Asociación agradecemos este xesto que non fai máis que favorecer aos nosos fillos, o máis importante, e a razón de que unha asociación de nais e pais exista.

A vindeira semana enviaremos un sobre ás familias que quedan por asociarse, animándoas a que o fagan por  un pagamento único de €10.


sábado, 24 de noviembre de 2012

CADA VEZ MÁIS!!

Dende a ANPA do CEIP Maciñeira animamos aos pouquísimos pais e nais que quedan por asociarse a facelo. Só son €10 por familia, e as ventaxas son moitas.


 A maioría xa o somos!

viernes, 23 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes 27, de 16 a 18 horas, realizaranse as votación para a renovación do Consello Escolar. 


Acude! O teu voto importa.

domingo, 4 de noviembre de 2012

MAGOSTO

O venres 9 ás 11.50 celebraremos o Magosto e o Día do Peón no Colexio. Esperámosvos!!

 

domingo, 28 de octubre de 2012

PAGO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Neste mes de Novembro, ao ser o 1º día festivo, pasamos o pagamento das actividades á seguinte semana, ou sexa, ao luns 5 e xoves 8.

miércoles, 24 de octubre de 2012

CESTA DE NADAL

Ola  de novo,

A partires de hoxe xa están á venda as rifas para o sorteo dunha Cesta de Nadal. O recadado irá destinado a aportar fondos para as actividades realizadas pola ANPA neste curso 2012-2013.

A cesta entregarase o día da Festa do Nadal, o vindeiro 21 de Decembro, entre todas as persoas presentes na festa, polo que o sorteo continuará ata que apareza o gañador ou gañadora.

As rifas custan €1 cada unha, e poderanse adquirir nos días de pago das  actividades así coma na Festa do Magsto. Todos os nenos e nenas a partires de 1º de Primaria que queiran vender rifas para axudar poden facelo a través da nota que se enviará a próxima semana.

Se tendes algunha dúbida, poñédevos en contacto con calquer membro da ANPA.


martes, 16 de octubre de 2012

CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O 18/10/2012

Á parte da nota enviada polos nenos para esta convocatoria de folga, tendes á vosa disposición información máis ampla sobre o motivo da mesma aquí, asi coma un modelo de xustificante da ausencia do neno ou nena ao Centro neste día, para os que queirades unirvos a esta protesta.

viernes, 28 de septiembre de 2012

COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola a todos e todas,

Xa veriades polas notiñas enviadas que a vindeira seman comezan as actividades organizadas pola ANPA, que incluimos a continuación:
CAPOEIRA              LUNS, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES
BALONCESTO         LUNS, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES
DIVERXIMNASIA    LUNS, 16.30-17.30, NO COLE, €8/MES
NATACIÓN*           MÉRCORES, 16.45-17.30, PÍA DE CARANZA, matrícula €8,50 + €7/MES. 
(* obrigatorio o uso de gorro de baño)
BAILE                      XOVES, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES
PATINAXE              XOVES, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES

A diferenza de anos anteriores, haberá 2 posibles días para  pagar as actividades**:

1º LUNS  DE MES  DE 17.00H A 17.30H
1º XOVES DE MES DE 16.00H A 16.30H
(** Aplicable a todas as actividades agás NATACIÓN, que se efectuará nas instalacións de Caranza en data por determinar. Xa vos informaremos de cando será).

martes, 11 de septiembre de 2012

AXUDAS ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Lembrámosvos  que o prazo de presentacion das Axudas para Alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2012-2013  remata o 25/09/2012.

Para máis información sore os requisitos, premede AQUÍ

lunes, 10 de septiembre de 2012

CURSO 2012-2013

Ola de novo,

Comezamos o curso o vindeiro mércores día 12, en horario habitual de 9 a 14 horas.

Dende a Anpa estamos a pensar en varias actividades para este curso. Mandaremos información polos nenos e nenas esta semana.

Feliz Volta a todos e todas!

sábado, 23 de junio de 2012

A NOITE CO MAGO MACÍN

Bo día a todos e todas!!

Non houbo millor xeito de rematar o curso escolar. Estamos a pasalo en grande, aínda que non se durmira gran cousa...

Axiña teremos fotos para mostrarvos...

Tamén hai un vídeo que recolle diversas celebracións do curso 2011-12. Os que queiran unha copia como recordo do curso, que se poñan en contacto con nós a través de anpamacineira@gmail.com.

viernes, 15 de junio de 2012

UNHA NOITE CO MAGO MACÍN

Despois do éxito do ano pasado, repetimos a  experiencia de convivir  no entorno que nos une a todos e todas, que é o Colexio de Maciñeira.

Xa sabedes os detalles pola nota que se enviou esta semana, pero lembrámosvolo  de novo:

Venres 22 , 19h: Chegada ao Cole  dos nenos, nenas  e os seus acompañantes* que participen na actividade
Sábado 23, 13h: Recollida de nenos e nenas no Cole

Cea do venres e Almorzo do sábado corren a cargo da ANPA de Maciñeira.

Prezos: Gratis para os socios da ANPA (nenos + 1 acompañante)
            €5 para nenos non socios
            €5 para adultos non socios
            €2 para o 2º acompañante adulto socio da ANPA

*Obrigatorio para Infantil e 1º de Primaria

Vémonos alí!!!!

FESTA FIN DE CURSO

O alumnado do colexio poderá disfutar o vindeiro venres 22 dun Festival de Fin de Curso que  comprenderá, entre outras actividades, obradoiros de globofexia e  maquillaxe facial e un inchable.

lunes, 4 de junio de 2012

ASAMBLEA XERAL DA ANPA

Este xoves 7 de xuño ás 16 horas convócase a Asamblea  Xeral da ANPA do CEIP Maciñeira.

A ore do día será a que segue:
1-Lectura e Aprobación da última Acta
2-Aprobación das contas do Ano 2011
3-Renovación da Directiva
4-Rogos e Preguntas

jueves, 31 de mayo de 2012

EXHIBICIÓN E BAILE E PATINAXE

O vindeiro xoves, 7 de xuño ás 17h. haberá unha exhibición dos nenos e nenas que asistiron ás actividades de baile e de patinaxe organizadas pola ANPA de Maciñeira neste curso escolar.

Lembramos aos nenos e nenas asistentes a estas actividades que deberán estar no colexio ás 4 de tarde para o derradeiro ensaio.

lunes, 28 de mayo de 2012

MARCHA CICLISTA

Ola a todos e todas,

Deixamos ligazón para ver as fotos da volta ciclista. Parabáns a todas as persoas que participaron na marcha!

lunes, 14 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Ola a tod@s,

Co gallo da  celebración do día das Letras  Galegas, cada curso realizou actividades especiais para marcar este día, adicado este ano a Valentín Paz Andrade.

Axiña engadiremos máis  información.

Que @s nen@disfruten da ponte!!!

lunes, 30 de abril de 2012

PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Bo día,

O xoves 3 de maio pódese efectuar o pago das actividades extraescolares organizadas pola ANPA,  de 17 a 18 horas no Colexio.

jueves, 12 de abril de 2012

EXTRAESCOLARES

Bo día,

Hoxe, 12 de abril, pódese efectuar o pago das actividades extraescolares organizadas pola ANPA,  de 17 a 18 horas no Colexio.

domingo, 18 de marzo de 2012

PROGRAMA DE RADIO: SEMANA DA PRENSA

 
Co  gallo da celebración da Semana  da Prensa, os nenos e nenas de Maciñeira  gravaron un programa de radio o pasado venres 16. Se non o puidestes oir  en directo, podédelo facer agora neste  reproductor:



Se non o dades aberto no reproductor, probade aqui



jueves, 1 de marzo de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola a tod@s,


Bo día,

O xoves 1 de marzo podedes efectuar o pagamento das actividades extraescolares organizadas pola ANPA,  de 17 a 18 horas no Colexio.

sábado, 11 de febrero de 2012

PROGRAMA DE RADIO: PAZ 2012

Ola a todos,

Xa está listo o programa de radio para que o poidades escoitar cantas veces queirades:

Se non o dades aberto neste reproductor, probade aquí

miércoles, 8 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Xa sabedes que o tema do Entroido para este ano é "Doces Soños".

Iremos enviando máis notiñas polos nenos...Estade atentos!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

EXTRAESCOLARES


Bo día,

Hoxe  , xoves  de febreiro poderase efectuar o pago das actividades extraescolares organizadas pola ANPA,  de 17 a 18 horas no Colexio.

martes, 31 de enero de 2012

lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ 2012

Hoxe celebrouse no Colexio o Día da Paz.

Deixamos as fotos dos paraugas decorados por cada curso así coma outros traballos realizados polo alumnado do Colexio:

Respecto ao Programa de Radio, en breve disporedes do programa gravado, para que todos os que non o escoitaron poidan facelo cando e cantas veces queiran.

viernes, 27 de enero de 2012

AUTOBÚS PARA AS EXTRESCOLARES

No último Consello Escolar celebrado o pasado martes día 24, a representante municipal de Cultura do Concello de Neda confirmou durante o mesmo a imposibilidade de que o Concello poña servizo de transporte para as actividades extraescolares organizadas no Colexio.

Dende a ANPA descoñecemos que máis podemos facer, logo de térmonos reunido co Alcalde do Concello e seguir as súas indicacións.

Gustarianos coñecer a vosa opinión...Deixade un comentario!

martes, 24 de enero de 2012

lunes, 9 de enero de 2012

COBRO DAS ACITIVIDADES EXTRAESCOLRES

Ola a tod@s,

Ante todo,o noso desexo de tod@s entrarades con bo pé neste novo ano 2012.

Informámosvos que o vindieiro xoves 12 será o día para efectuar o pago das actividades extraescolares organizadas pola ANPA. O pago poderá realizarse de 17 a 18 horas no Colexio.