sábado, 23 de junio de 2012

A NOITE CO MAGO MACÍN

Bo día a todos e todas!!

Non houbo millor xeito de rematar o curso escolar. Estamos a pasalo en grande, aínda que non se durmira gran cousa...

Axiña teremos fotos para mostrarvos...

Tamén hai un vídeo que recolle diversas celebracións do curso 2011-12. Os que queiran unha copia como recordo do curso, que se poñan en contacto con nós a través de anpamacineira@gmail.com.

viernes, 15 de junio de 2012

UNHA NOITE CO MAGO MACÍN

Despois do éxito do ano pasado, repetimos a  experiencia de convivir  no entorno que nos une a todos e todas, que é o Colexio de Maciñeira.

Xa sabedes os detalles pola nota que se enviou esta semana, pero lembrámosvolo  de novo:

Venres 22 , 19h: Chegada ao Cole  dos nenos, nenas  e os seus acompañantes* que participen na actividade
Sábado 23, 13h: Recollida de nenos e nenas no Cole

Cea do venres e Almorzo do sábado corren a cargo da ANPA de Maciñeira.

Prezos: Gratis para os socios da ANPA (nenos + 1 acompañante)
            €5 para nenos non socios
            €5 para adultos non socios
            €2 para o 2º acompañante adulto socio da ANPA

*Obrigatorio para Infantil e 1º de Primaria

Vémonos alí!!!!

FESTA FIN DE CURSO

O alumnado do colexio poderá disfutar o vindeiro venres 22 dun Festival de Fin de Curso que  comprenderá, entre outras actividades, obradoiros de globofexia e  maquillaxe facial e un inchable.

lunes, 4 de junio de 2012

ASAMBLEA XERAL DA ANPA

Este xoves 7 de xuño ás 16 horas convócase a Asamblea  Xeral da ANPA do CEIP Maciñeira.

A ore do día será a que segue:
1-Lectura e Aprobación da última Acta
2-Aprobación das contas do Ano 2011
3-Renovación da Directiva
4-Rogos e Preguntas