viernes, 28 de septiembre de 2012

COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola a todos e todas,

Xa veriades polas notiñas enviadas que a vindeira seman comezan as actividades organizadas pola ANPA, que incluimos a continuación:
CAPOEIRA              LUNS, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES
BALONCESTO         LUNS, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES
DIVERXIMNASIA    LUNS, 16.30-17.30, NO COLE, €8/MES
NATACIÓN*           MÉRCORES, 16.45-17.30, PÍA DE CARANZA, matrícula €8,50 + €7/MES. 
(* obrigatorio o uso de gorro de baño)
BAILE                      XOVES, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES
PATINAXE              XOVES, 16.00-17.30, NO COLE, €13/MES

A diferenza de anos anteriores, haberá 2 posibles días para  pagar as actividades**:

1º LUNS  DE MES  DE 17.00H A 17.30H
1º XOVES DE MES DE 16.00H A 16.30H
(** Aplicable a todas as actividades agás NATACIÓN, que se efectuará nas instalacións de Caranza en data por determinar. Xa vos informaremos de cando será).

martes, 11 de septiembre de 2012

AXUDAS ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Lembrámosvos  que o prazo de presentacion das Axudas para Alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2012-2013  remata o 25/09/2012.

Para máis información sore os requisitos, premede AQUÍ

lunes, 10 de septiembre de 2012

CURSO 2012-2013

Ola de novo,

Comezamos o curso o vindeiro mércores día 12, en horario habitual de 9 a 14 horas.

Dende a Anpa estamos a pensar en varias actividades para este curso. Mandaremos información polos nenos e nenas esta semana.

Feliz Volta a todos e todas!