domingo, 19 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O venres día 24 celebraremos o Festival das Letras Galegas no Colexio ás 16.15 horas.

Estades todos invitados!

lunes, 6 de mayo de 2013

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES O 09/05/2013

Informamos a todos os nenos e nenas que asisten ás actividades dos xoves pola tarde que o vindeiro xoves 9 non  haberá actividades extraescolares a causa da folga convocada para ese día.Dende a ANPA sumámonos á convocatoria  de folga en contra da LOMCE  e animamos a toda a Comunidade Educativa a que faiga o mesmo, xa que, tal e como afirman dende a Federación de ANPAS de Centros Públicos, "estamos convencidos de que os pais e nais imos usar un día lectivo para gañar todos os dias do futuro".

domingo, 5 de mayo de 2013

CONVOCATORIA DE FOLGA NO ENSINO PÚBLICO

O vindeiro xoves 9 de maio hai convocadas varias mobilizacións en contra da LOMCE ou Lei Wert, anteproxecto de lei que pretende substituir á  actual lei de educación. En Ferrol hai convocada unha concentración ás 11.30 e outra ás 19.30, ambas na Praza de España
Como parte da Comunidade Educativa, consideramos que é esencial saber o que supón este anteproxecto, polo que achegamos ligazóns a fontes de información diversas:

Artigo de Escuela 2.0

Artigo de Ciudadanos por la Educación Pública
Artigo de El Correo Gallego
Anuncio de convocatoria de folga feita pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Información da Lei en Wikipedia
O Anteproxecto de Ley  Orgánica para a Mellora  para a Calidade da Educación



Dende a ANPA animamos a que vos informedes e 
que obredes en consecuencia, posto que todo isto 
afectará  ao futuro dos nosos  fillos  e fillas.