viernes, 19 de diciembre de 2014

BOAS FESTAS!

Tralo magnífico festival de hoxe, desexarvos a todos e todas unhas moi boas festas e que o Aninovo veña cheo de bos desexos.

Se alguén ten fotos que queira ver publicadas no blog, que contacte con calquera persoa da ANPA ou as mande a anpamacineira@gmail.com.

sábado, 6 de diciembre de 2014

RECOLLIDA DE XOGUETES

A semana do 9 ao 12 de decembro haberá recollida de xoguetes en bo estado para entregar aos nenos e nenas máis necesitados.

Aproveita a ponte para repasar o que xa non usas!

viernes, 5 de diciembre de 2014

VISITA AO BELÉN DA AA.VV. DE PIÑEIROS

O vindeiro día 11 visitaremos o Belén en Piñeiros (Narón)!


A saída é de balde para socios e socias da ANPA, mentres que as persoas non asociadas trán que pagar €3.

lunes, 24 de noviembre de 2014

SORTEAMOS UNHA CESTA DE NADAL!!

Ola de novo,

Xa saberedes que a ANPA sortea unha cesta, pois xa hais uns días que os nenos e nenas están a vender as rifas.

A cesta entregarase á persoa que posúa a rifa que coincida co cupón da ONCE do día 19 de decembro.

Sorte!!

viernes, 24 de octubre de 2014

SAMAÍN 2014

O vindeiro xoves día 30 haberá unha xornada adicada á celebración do Samaín. Estades todos convidados!! Os detalles da celebración van na nota enviada esta semana.

Dende a ANPA, pedimos a todos os pais que teñan libre que se acheguen a botar unha man aos organizadores.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO!

Ola a todos e todas,

Dende a ANPA do CEIP MACIÑEIRA, un saúdo a toda a comunidade educativa que comeza hoxe o curso 2014-2015, con cambios en moitos ámbitos:

Despedímonos da profe Mercedes, que se xubilou en agosto, e do profe Emilio, que marchou a outro cole...


...e damos a benvida ás novas profesoras: Vanessa, de 4º e Uxía, de inglés.

                           


Estamos a organizar as actividades extraescolares deste novo curso, así que axiña dirémosvos máis!

O prezo de asociado á ANPA mantense por 6º ano consecutivo, polo que animamos a pais e nais a formar parte desta asociación.

jueves, 28 de agosto de 2014

QUE VEN O NOVO CURSO 2014-15!!!

Ola a todos e todas, 


Esperamos que tivesedes un bo verán e que esteades preparándovos para a volta ao cole o vindeiro mércores 10 de setembro

Aproveitamos para lembrarvos QUE O CONCELLO DE NEDA ANUNCIOU AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO COMPLEMENTARIO. As persoas interesadas poderán presentar as correspondentes solicitudes, nos modelos normalizados, durante o período de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que foi o pasado 18 de agosto. 

Asemede, está vixente a convocatoria de Axudas para alumnado con necesidade específica de Apoio Educativo convocada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o curso 2014/2015. 

Para máis información, entrade en: https://sede.educacion.gob.es/tramite

viernes, 20 de junio de 2014

A UNHA PERSOA MOI ESPECIAL

Quen é?


Imaxinamos que todos sabedes de quen se trata. Ao rematar este curso deixaremos de ter a grande sorte de contar cunha compañeira magnífica, que adicou tanto tempo e esforzo de xeito desinteresado a que a ANPA do Colexio Maciñeira fose algo máis. Deu tantas ideas e implicouse en  tantos proxectos que resulta case imposible mencionalos todos. O seu bon facer contaxiounos aos que fomos achegándonos á Asociación e fomos aprendendo dela con cada iniciativa. Por todo isto, e moito máis que che diremos hoxe....Para ver o vídeo, premede aquí.

CHEGOU O DÍA!!!

Ola a todos e todas:

Hoxe despedimos un curso máis cunha xornada chea de diversión.
Pola mañá haberá xornada reducida de 10 a 13 horas, con festa da escuma e inchables, e ao serán, aló polas 19 horas, achegarémonos ao Cole para convivir durante unhas horas co Mago Macín, pasando a noite xuntos e voltando á casa o sábado ás 13 horas.

A PASALO BEN E FELIZ VERÁN A TODOS

jueves, 5 de junio de 2014

lunes, 2 de junio de 2014

lunes, 26 de mayo de 2014

Portas Abertas: Actividades Extraescolares

Graciñas a todos e todas por asistir a esta xornada!

Estendemos o noso agradecemento a todas as persoas que impartiron estas actividades.

martes, 13 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

O vindeiro día 16 ás 16.15 celebrarase no Colexio o festival das Letras Galegas, adicado este ano a Xosé Mª Díaz Castro.

Esperámosvos!!!

domingo, 20 de abril de 2014

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ola a todos,

Con motivo do Día do Libro haberá  un programa de radio o venres 25 a partires das 12.30   (102-13 da FM).



Para quen non puidera escoitalo, a gravación do programa aparecerá aquí:

viernes, 14 de marzo de 2014

Fotomontaxes 2008-2014

Grazas ao profe Antonio por facernos chegar as fotomontaxes que leva feito nos últimos 6 anos. Se tendes media hora e querédesvos entreter, velaquí están:
Fotomontaxes 2008-2014

jueves, 27 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

Hoxe celebramos o Festival de Entroido  no Colexio. As  fotos aparecerán axiña na Galería.

Unha forte aperta a JOSEFINA, que se xubila esta semana. Botarémoste de menos!

"Enseñar no debe parecerse a llenar una botella con agua, 
sino más bien a ayudar a crecer una flor a su manera" 
Noam Chomsky 





sábado, 22 de febrero de 2014

Cómics

Ola de novo,

Velaquí o vídeo que fixemos cos cómics feitos no Cole...


Axiña teredes tamén subido o programa de radio feito este ano