miércoles, 21 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Ola a tod@s:

Nestes vindeiros días subiremos as fotos e videos do festival. Pedimos paciencia xa que, ao haber nen@s que non teñen autorizada o uso da súa imaxe, temos que ir mirando foto por foto e os videos polo miúdo para non incluir a nengún destes nenos e nenas.

Boas festas!!!




miércoles, 23 de noviembre de 2016

CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O 24/11

Dende a ANPA do CEIP Maciñeira queremos dar o noso apoio á folga estudantil convocada para mañá xoves 24 de novembro. Entendemos que, a pesares do éxito que tivo a convocatoria do mes pasado, debemos seguir presionando para que o goberno suprima definitivamente as reválidas e non só as pospoña, tal e como se anunciara tras a primeira folga. Agora que o goberno  central non ten maioría absoluta, entendemos que hai posibilidades de que algo por fin cambie!

Aínda que a folga está dirixida ao ensino secundario, cremos dende a ANPA que como pais/nais debemos apoiar a convocatoria e acudir á concentración ás 12 diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol. Pensemos que @s nos@ fill@s pertencerán a esta etapa algún día!

Por esta razón, non haberá servizo de comedor nen actividades extraescolares o xoves 24, e pedimos desculpas polas molestias que isto poida ocasionar.

Información da páxina do Sindicato de Estudiantes

jueves, 27 de octubre de 2016

lunes, 24 de octubre de 2016

XUSTIFICANTE PARA A FOLGA DO 26/10

Bo día,

Achegamos modelo para todas as familias que desexen empregalo para xustificar a ausencia dos seus fillos o vindeiro mércores 26.

XUSTIFICANTE

martes, 11 de octubre de 2016

CONVOCATORIA DE FOLGA DE ESTUDANTES PARA O 26/10

Achegamos información acerca deste asunto que nos envíou o Federación de ANPAS da Coruña:

Comunicado
10 Razóns para rexeitar as Reválidas

Tamén deixamos un vídeo de V Televisión da manifestación que houbo en Santiago o pasado abril.


miércoles, 5 de octubre de 2016

EMPEZOU O COMEDOR!

Levamos 2 días de comedor e semella que a comida gusta!...




Lembramos que @s nen@s que faigan uso esporádico do comedor tamén deberán cubrir o impreso de alta (Modelo 1) que se atopa á vosa disposición no Colexio, para así ter constancia de que o autorizades e tamén saber se existe algunha alerxia/intolerancia.

@s usuari@s esporádic@s deberán avisar o día anterior de que van facer uso do comedor.

A empresa proveedora informa que debe facerse o pago vía domiciliación bancaria, polo que non poderemos recoller pagos na escola.

BO PROVEITO!




martes, 27 de septiembre de 2016

NOVA TENDA ESPECIALIZADA


CONCERTO SOLIDARIO


AXUDAS

Aberto o prazo para solicitar axudas para adquisición de libros e material escolar destinada a familas con menos recursos. Máis información AQUÍ.


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O prazo de inscrición en Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA rematou o pasa día 23, e as que ofertamos son as seguintes:

Luns de 16  a 17: Debuxo con Leandro
Luns de 16  a 17: Aprende Inglés (pequenos)
Mércores e Venres: Natación (1 ou 2 días. Nun principio en horarios coma o ano pasado)
Xoves de 16 a 18: Patinaxe
Venres de 16 a 17.30: Obradoiro de Creatividade

Informamos que aínda hai prazas en todas as actividades, polo que se queredes anotar a máis nen@s chamade a Ana (648799180) ou Sonia (620292732). Agás en natación, poden vir probar calquera actividade antes de apuntarse.  Empezamos o luns día 3 de Outubro.

Animádeos a vir!!




lunes, 26 de septiembre de 2016

COMEDOR ESCOLAR


O vindeiro luns 3 de outubro comeza o servizo de comedor no CEIP Maciñeira. Temos a 11 nen@s anotad@s, pero hai sitio para máis!

Se alguén quere facer uso do servizo que chame a Ana (648799180) ou Sonia (620292732).

Bo proveito!





   

domingo, 11 de septiembre de 2016

VOLTA AO COLE!!!

Benvidos e benvidas ao novo curso 2016-2017!

Informámosvos que as clases darán comezo mañá luns 12 de setembro en horario de 9 a 2.

Bo regreso ás aulas!

       

viernes, 8 de julio de 2016

COMEDOR PARA O CURSO 2016-2017!!

Ola a tod@s,

Xa é oficial! A iniciativa da ANPA fíxose realidade por fin. En Setembro enviaremos información do novo servizo de comedor.


sábado, 4 de junio de 2016

5º E 6º DE VOLTA!



Arredor das 10 da noite voltaron. Polo que dicían, pasárono estupendamente!

Moitas grazas Ana e Antonio por acompañalos!!

Se alguén quere compartir as súas fotos neste blog, que as mande a anpamacineira@gmail.com.



martes, 31 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A CANTABRIA

Hoxe marcharon Ana e Antonio co alumnado de 5º e 6º a Cantabria, xunto con outros 2 colexios de Ferrolterra.

Pasádeo ben!



sábado, 28 de mayo de 2016

MARCHA CICLISTA 2016

Grazas a todos por axudar a que se levase a cabo a marcha ciclista dende o Colexio. Axiña subiremos as fotos!

Ler máis sobre o evento en La Voz de Galicia.

lunes, 16 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O vindeiro venres 20 de maio ás 16.15  haberá un Festival no Colexio para celebrar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María.

Haberá servizo de autobús en ruta única que se iniciará ás 15.20 en Ladeiro, pasando logo por Anca, Liñares, Albarón, o instituto e O Roxal.

Estades todos convidados!


jueves, 12 de mayo de 2016

LUNS 16/05

Informamos que o vindeiro luns 16 de maio non será lectivo,

As clases retómanse o mércores 18.

lunes, 9 de mayo de 2016

lunes, 2 de mayo de 2016

EXCURSIÓN A CABÁRCENO

Informamos que a ANPA aportou á excursión de final de etapa, que terá lugar entre o 31/05 e o 3/06, un total de €665 para axuda do alumnado asociado.

A cada alumno ou alumna correspóndenlle €35, que foron ingresados na conta bancaria aberta para esta actividade.

Como dicimos sempre, estar asociado á ANPA é sempre unha ventaxa!!


lunes, 18 de abril de 2016

22/04

Este venres 22 de abril non haberá clase, por ser un dos días non lectivos escollido polo Claustro.

jueves, 4 de febrero de 2016

XORNADA REDUCIDA O VENRES 5

Ola a todos,

Lembrade que mañá a xornada escolar é de 10 a 13 horas.

A vindeira semana non voltaremos a clase ata o xoves 11.

Feliz Entroido!!!