Ola de novo,
Ante todo, grazas a tod@s @s pais, nais, mestr@s e demáis membros desta comunidade educativa que asistises á reunión de hoxe.
Ás persoas que non puidestes asistir, resumimos o acontecido a continuación:
- Na reunión celebrada o luns 26 coa representante de Cultura do Concello de Neda, infórmaselle aos membros da ANPA presentes de que a posibilidade de asumir o Concello os gastos de transporte escolar para asistitr ás actividades extraescolares no CEIP Maciñeira é inviable.
- Dáse coma opción a asistencia ás actividades que o Concello organiza na zona urbana de Neda, as cales tampouco terían servizo de transporte.
- Ante esta situación, a ANPA dá por finalizada dita reunión, e ao día seguinte remite unha nota de prensa ao Diario de Ferrol, expresando o seu descontento por esta decisión tomada sen previo aviso.
- A ANPA convoca unha reunión o xoves 29 onde propoñen enviar un escrito ao Alcalde do Concello de Neda solicitándolle unha reunión á que asistirían pais e nais d@s nen@s e na que pedirían unha explicación da decisión tomada por parte do Concello.
-A ANPA explica que se porá a organizar actividades extraescolares sen transporte escolar no CEIP Maciñeira, e axiña fará unha sondaxe para estudar o millor xeito de levalas a cabo.
- Na reunión tamén intervíu a Directora do Colexio e explicou como se está vendo afectado o Centro coas modificacións impostas pola Xunta.
Agardamos os vosos comentarios ao respecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario