Ola de novo,
Hoxe @s nos@s fill@s levarán para casa un escrito para asinar, solicitándolle ao Alcalde do noso Concello que reconsidere a nosa petición de que haxa transporte para as actividades extraescolares no noso Centro.
Dito escrito será entregado na reunión que se celebrará entre o Alcalde e representantes da ANPA mañá ás 12.00 do mediodía na Casa do Concello.
Os familiares que desexen achegarse para mostrar o seu apoio a esta petición coa súa presenza, poden acudir uns 10 minutos antes da reunión ao exterior do edificio municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario