jueves, 1 de septiembre de 2022

CARTA BIENVENIDA

Estimadas familias,

Desde a nova directiva do ANPA gustaríanos saudar e darvos unha afectuosa benvida ao curso 2022/2023.
Esperamos que este novo curso supoña a volta á normalidade, á de verdade, á de antes, á que xa aos poucos volvemos noutros ámbitos, e que se converta nunha realidade tamén no día a día dos nosos fillos e fillas.
Neste curso volvemos contar con actividades extraescolares no centro e tamén esperamos poder celebrar diferentes festividades ao longo do curso das cales vos iremos informando. Convidámosvos a participar nas asembleas periódicas e poñemos á vosa disposición tanto o noso número de teléfono e WhatsApp 613508008 como email: anpamacineira@gmail.com, para calquera suxerencia, dúbida, comentario, etc.
Informámosvos que tedes á vosa disposición na área de Formularios, os documentos de afiliación ao ANPA e de asistencia ao comedor e a madrugadores. E lembrarvos tamén que para facer uso do servizo de comedor e/o madrugadores, é requisito indispensable ser socio do ANPA.
Desexámosvos a todos e todas un curso repleto de novas experiencias, aventuras emocionantes, novas amizades... e sobre todo moitos aprendizaxes!!
Un cordial saúdo do ANPA

No hay comentarios: