lunes, 23 de junio de 2025

FIN DE CURSO 2024/25

 Como tod@s sabedes o pasado venres rematou a escola. E para despedir este curso tivemos unha gran festa!!!!



Estiveron saltando todo o día nos diferentes hinchables para todas as idades.

Como novidade este ano trouxemos o rocódromo, ademáis dos típicos xogos tradicionais, onde participaron nenos e familias.




Despois do xantar campestre de todas as familias, tivemos un pequeno posto en donde tiñamos dispoñible café, xeados, refrescos, auga e tamén a típica proia para endulzar a sobremesa.


Preparando a merenda

Queremos agradecer a colaboración das familias que apostan por ser soci@s para que poidamos seguir a nosa labor, que non é outra que traballar para os nenos e nenas do noso cole.

Facemos tamén mención especial á nosa presidenta honorífica, tal e como a nombramos o venres, por toda a labor que desenvolveu todos estes anos, sempre disposta e sempre cun sorriso, Belén.


Presidenta honorífica cun pequeno agasallo

No hay comentarios: