Ola de novo,
Lembrade que o Colexio ten xornada reducida de10 a13 horas o mércores 21.
Se facedes fotos que queirades compartir a través deste blog, enviade un correo-e a anpamacineira@gmail.com e compartiremos con vós o álbum que xa está creado con motivo desta celebración.
Aproveitamos para desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas e próspero 2012.
martes, 20 de diciembre de 2011
lunes, 12 de diciembre de 2011
RECOLLIDA DE XOGUETES
Ola de novo,
Ao longo desta semana haberá campaña de recollida de xoguetes usados. O venres 16 virán buscalos á hora do recreo.
PISCINA (ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR)
Bo día,
Informámosvos de que haberá xornada de portas abertas o vindeiro venres 16 á hora habitual da actividade os mércores. O mércores NON haberá piscina.

jueves, 1 de diciembre de 2011
COBRO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O cobro das actividades extraescolares será hoxe de 17 a 18 horas no Colexio.
martes, 22 de noviembre de 2011
REUNIÓN
A ANPA do CEIP Maciñeira convoca ás
familias con fillos e fillas no Centro a unha REUNIÓN o vindeiro XOVES 24 de
NOVEMBRO ás 17.30 horas no Colexio, onde se informará do resultado da
solicitude de transporte escolar para as acividades extraescolares deste curso.
lunes, 21 de noviembre de 2011
BLOG DO COLEXIO
Xa vistes na nota enviada hoxe que no Colexio hai un novo blog do Departamento de Normalización Lingüística, ao que tenes acceso dende hoxe neste blog da ANPA (ver "LIGAZÓNS DE INTERESE" no menú da esquerda, despois da Galería de Fotos).
miércoles, 16 de noviembre de 2011
TAPÓNS SOLIDARIOS
Grazas a todo o mundo pola súa colaboración na recollida de tapóns. Xa se baleirou un bidón e o segundo vai medio cheo!!
Con esta inciativa trátase de axudar a Sonia, unha nena de Ferrol que padece unha enfermidade denominada "rara" (informádevos máis aquí).
jueves, 3 de noviembre de 2011
COBRO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O cobro das actividades extraescolares será hoxe de 17 a 18 horas no Colexio.
jueves, 6 de octubre de 2011
COBRO E COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Hoxe comezan as actividades extraescolares 2011-12:
Patinaxe e Baile, de 16.00 a 17.30, ambas no Colexio
O cobro das actividades será o HOXE de 17 a 18 horas

ENTREVISTA CO ALCALDE DE NEDA
Ola de novo,
Hoxe @s nos@s fill@s levarán para casa un escrito para asinar, solicitándolle ao Alcalde do noso Concello que reconsidere a nosa petición de que haxa transporte para as actividades extraescolares no noso Centro.
Dito escrito será entregado na reunión que se celebrará entre o Alcalde e representantes da ANPA mañá ás 12.00 do mediodía na Casa do Concello.
Os familiares que desexen achegarse para mostrar o seu apoio a esta petición coa súa presenza, poden acudir uns 10 minutos antes da reunión ao exterior do edificio municipal.

miércoles, 5 de octubre de 2011
COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Bo día,
Tras a recepción da nota enviada pola ANPA, as actividades para o ano 2011-12 serán:
- LUNS: Debuxo (16.00-17.30). No Colexio
- MÉRCORES: Natación (16.45-17.30). Na Pía Municipal de Caranza
- XOVES: Patinaxe (16.00-17.30). No Colexio
Baile (16.00-17.30). No Colexio
O cobro das actividades será o primeiro xoves de cada mes, de 17 a 18 horas

jueves, 29 de septiembre de 2011
REUNIÓN
Ola de novo,
Ante todo, grazas a tod@s @s pais, nais, mestr@s e demáis membros desta comunidade educativa que asistises á reunión de hoxe.
Ás persoas que non puidestes asistir, resumimos o acontecido a continuación:
- Na reunión celebrada o luns 26 coa representante de Cultura do Concello de Neda, infórmaselle aos membros da ANPA presentes de que a posibilidade de asumir o Concello os gastos de transporte escolar para asistitr ás actividades extraescolares no CEIP Maciñeira é inviable.
- Dáse coma opción a asistencia ás actividades que o Concello organiza na zona urbana de Neda, as cales tampouco terían servizo de transporte.
- Ante esta situación, a ANPA dá por finalizada dita reunión, e ao día seguinte remite unha nota de prensa ao Diario de Ferrol, expresando o seu descontento por esta decisión tomada sen previo aviso.
- A ANPA convoca unha reunión o xoves 29 onde propoñen enviar un escrito ao Alcalde do Concello de Neda solicitándolle unha reunión á que asistirían pais e nais d@s nen@s e na que pedirían unha explicación da decisión tomada por parte do Concello.
-A ANPA explica que se porá a organizar actividades extraescolares sen transporte escolar no CEIP Maciñeira, e axiña fará unha sondaxe para estudar o millor xeito de levalas a cabo.
- Na reunión tamén intervíu a Directora do Colexio e explicou como se está vendo afectado o Centro coas modificacións impostas pola Xunta.
Agardamos os vosos comentarios ao respecto.

miércoles, 28 de septiembre de 2011
NOTA DE PRENSA
Boa tarde:
Achegamos a nota de prensa publicada hoxe no Diario de Ferrol respecto da reunión mantida o luns no Concello.
Lembrámosvos que é moi importante que asistades á reunión de mañá xoves. Esperamos vervos a tod@s!

lunes, 26 de septiembre de 2011
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011-12. IMPORTANTE!
Ola de novo,
Esta tarde representantes da ANPA se reuniron coa responsable de Cultura do Concello de Neda para tratar o tema das Actividades Extraescolares deste curso escolar.
Á vista dos resultados de dita reunión, convocámosvos a unha REUNIÓN URXENTE o vindeiro xoves 29 de setembro ás 5 da tarde no Colexio para tomar unha decisión ao respecto.
lunes, 19 de septiembre de 2011
¿QUE PASA COAS FOTOS?
Logo de termos intentado varias opcións, semella que a que millor funciona é a de compartir as fotos a través de Picasa. Se vos fixastes, eliminamos a galería de fotos da marxe esquerda deste blog porque moit@s non a daban visto. Con Picasa solucionamos este problema, ao poder compartir as fotos con aquelas persoas que o soliciten vía correo-e, indicando o seu nome e o d@ fill@ (por motivos de seguridade).
Compartir con Picasa tamén dá opción a que engadades as vosas fotos aos álbumes compartidos con vós.
Tamén podedes mandar as fotos ao noso correo-e, anpamacineira@gmail.com. Anímadevos! Lembrade que hai moitas persoas que non poden asistir aos actos das fotos, e que lles agradaría poder ver aos seus fill@s, cousa que poden facer ao través destas imaxes.

lunes, 12 de septiembre de 2011
BENVIDA AO NOVO CURSO 2011-12
Logo dun merecido descanso que desexamos tivesedes tod@s, estamos de volta no Colexio empezando un novo Curso.
Ao igual que cando empezamos este blog dende a ANPA do Colexio Maciñeira, esperamos que este ano haxa aínda máis que sigan e participen neste punto de encontro que pensamos pode ser moi enriquecedor para tod@s @s que forman parte desta comunidade educativa, tanto pais e nais coma profes, alumn@s, e calquera persoa relacionada con este Centro.
Axiña vos informaremos da actividades previstas para este ano.
Un saúdo afectuoso e que teñades un feliz comezo de curso!!
domingo, 19 de junio de 2011
DE MARCHA...EN BICI!!
A Marcha Ciclista foi un grande éxito, pero no canto de quen escribe esta entrada, millor o comentará quen estivo alí...Animádevos a deixar un comentario!
domingo, 12 de junio de 2011
FIN DE SEMANA CO MAGO MACÍN
Unha fin de semana memorable, mandádemos un correo-e para ver o ben que foi todo...
martes, 31 de mayo de 2011
UNHA NOITE CO MAGO MACÍN
Ola de novo,
Xa sabedes pola nota informativa enviada esta semana que a fin de semana do 11-12 de xuño faremos unha convivencia no Colexio onde pasaremos a noite do sábado. O sábado 11 ás 19h recibiemos @s nen@s e organizaremos grupos e monitores. Haberá xogos de mesa e despois dacea veremos unha película xa metidiños nos sacos. Ao día seguinte almorzaremos e faremos actividades o patio dianteiro. Logo recolleremos todo e esperaremos a chegada dos pais, acordada ás 13h. Esperamos sexa un bo recordo para tod@s @s asistentes!

viernes, 20 de mayo de 2011
CARREIRA NO CEIP MACIÑEIRA
Este fin de temos a Carrreira que se celebra este ano na nosa Escola. Esperamos vervos todos alí.
Lembrade que as fotos, vídeos... que faigades podedes facérnolas chegar. Aproveitamos para informar a aquelas persoas que enviaron material do Día das Letras Galegas de que non recibimos nada no correo-e da ANPA. Por favor, intentádeo de novo: anpamacineira@gmail.com.
Ata o sábado!

sábado, 14 de mayo de 2011
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Esperamos que disfrutarades no Festival de ontes con motivo da celebración do Dia das Letras Galegas vendo como @s nen@s de Maciñeira se convertían en verdadeir@s artistas.
Dende aquí pedimos a tod@s que se tendes vídeos ou fotografías que queirades compartir neste blog, facédenolos chegar vía correo-e (anpamacineira@gmail.com).
Tamén podedes mandárnolas pol@s vos@s fill@s nun disco ou lápis de memoria (prometemos devolvelo!!) á atención da ANPA e que lla entreguen ao/á profe.
Deixámosvos unha ligazón a un blog sobre Lois Pereiro, por se alguén que saber algo máis deste representante da escritura en galego elixido este ano para celebrar o 17 de maio. Tamén hai un documental en internet, que poderedes tamén aquí.

domingo, 8 de mayo de 2011
CAMBIO NO BLOG
Ola a tod@s,
Estamos intentando facer unha sección específica de fotos de todos os acontecementos relacionados coa vida escolar dos nos@s fill@s.
Pensabamos en poñer na marxe esquerda do blog unha ligazón a esta sección fotográfica (sería a primeira opción da lista da esquerda, chamada "Galería de Imaxes"), protexido con contrasinal por temas de seguridade e que facilitaremos a tod@s @s que o desexedes.
Estade atent@s!

lunes, 2 de mayo de 2011
PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ola a tod@s.
Avisámosvos que o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA será o vindeiro xoves 5 das 17 ás 18 horas.

sábado, 16 de abril de 2011
COMEZARON AS VACACIÓNS!
Ola a tod@s,
Esperamos que tod@s @s nen@s de Maciñeira sacaran unhas notas estupendas e que estean disfrutando destes merecidos días de descanso.
Lembrade que este blog é un punto de encontro para as familias, polo que agardamos os vosos comentarios sobre o que podemos facer estes días. Se marchades de vacacións, ou ben se quedades na casa, animádevos a dar recomendacións.
Dende aquí deixámosvos unha páxina para facer manualidades nestas vacacións. Aínda que está inglés, non é difícil de entender...Ademáis, sempre nos quedan os tradutores!!
Que teñades unha boa semana.

lunes, 4 de abril de 2011
PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ola a tod@s.
Avisámosvos que o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA será o vindeiro xoves 7 das 17 ás 18 horas.
sábado, 12 de marzo de 2011
ENTROIDO 2011
Graciñas a tod@s por asistir e botar unha man o pasado día 4 cando celebramos o Entroido no Colexio. Temos xa as autorizacions para poder mostrar máis fotos neste blog:
As persoas que desexen descargalas no seu PC, só teñen que enviar unha mensaxe (anpamacineira@gmail.com),indicando de quen son
pais/nais/titores (por motivos de seguridade) e indicaremos o xeito de facelo.
Se tendes máis fotos que queirades compartir con todos a través deste blog, por favor enviádenolas.
Por outra banda, teremos en breve o receitario das elaboracións típicas dos distintos países que se degustaron na festa para que tod@s os interesad@s as teñan. Se tendes fotos destas receitas, por favor, mandádeas ao correo-e enriba indicado.
Deixámosvos de momento un documento elaborado polo Instituto de la Galleta onde atoparedes propostas ben orixinais. Para acceder a estas receitas, premede AQUÍ.
jueves, 3 de marzo de 2011
CHARLA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES
Bo día,
@s que estivestes o pasado martes 1 de marzo na charla ofrecida pola Pediatra e unha das Doutoras de cabeceira do Centro de Saúde de Neda tivestes ocasión de presenciar unha exposición amena e interestante sobre a saúde da alimentación.
Ambas profesionais recomendaron dúas páxinas de interese, das que vos deixamos ligazóns directas, a do supermercado Eroski e a dos cereais Kellogg's.

Asistentes tomando asento e as Doutoras Victoria Castro e Rosa Pérez
martes, 1 de marzo de 2011
PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ola a tod@s.
Tal e como vos comunicaramos nunha nota enviada pol@s vos@s fill@s, o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA será o xoves 10 das 17 ás 18 horas.
A razón deste cambio débese a que o xoves 3 estaremos "coas mans na masa" preparando as orellas do entroido para a festa do venres. Se vos animades a botar unha man, pasade pola Escola!
domingo, 20 de febrero de 2011
PROGRAMA DE RADIO:DÍA DA PAZ
Ola de novo,
Como xa saberedes, houbo programa de radio no Colexio o pasado 28 de xaneiro co gallo da celebración do Día Mundial da Paz.
Moitos de nós non damos sintonizado a canle da radio pola que se emiten estes programas, e mesmo @s propi@s nen@s non se poden oir despois de térense gravado.
Foi por isto que se propuxo ao Colexio a posibilidade de gravar estas retransmisións para poder escoitalas "en diferido" cando e cantas veces queiramos. A isto é o que se lle chama "podcast".
O programada de radio preparado para o Día da Paz 2011 é o primeiro destes podcasts, e podédelos escoitar premendo AQUÍ.
Aquí tedes a galería de fotos onde se mostra o traballo feito por toda a comunidade escolar para levar a cabo a celebración deste día:

Esperamos que vos guste a idea. Coma sempre, agardamos os vosos comentarios, opinións ou suxestións.
miércoles, 2 de febrero de 2011
VÉN O ENTROIDO!!
Hoxe recibistes unha nota do Colexio onde se anuncia a temática do Entroido deste ano. Como haberá quen decida elaborar o disfraz na casa, deixámosvos unhas ligazóns a sitios en internet onde hai fotografías que poden server de "inspiración". Se alguén sabe dalgún outro sitio na rede, pode deixar un comentario indicándoo. Mans á obra!
Tenda online de disfraces 1 (infantil)
Tenda online de disfraces 2 (infantil)
Tenda online de disfraces 1 (adultos)
Tenda online de disfraces 2 (adultos)
Tenda online de disfraces 1 (infantil)
Tenda online de disfraces 2 (infantil)
Tenda online de disfraces 1 (adultos)
Tenda online de disfraces 2 (adultos)
martes, 1 de febrero de 2011
PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ola de novo. Lembrámosvos que o vindeiro xoves 3 é o día en que estaremos no Centro das 17 ás 18 horas para o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA.
jueves, 27 de enero de 2011
PÁXINAS DE INTERESE
Ola de novo. Abrimos na marxe esquerda deste blogue un apartado de ligazóns a páxinas que consideramos poden ser de interese para tod@s @s lector@s.
Se coñecedes algunha outro sitio en internet que poidamos engadir, facédenolo saber:
- publicando un comentario no blog
- por correo-e a anpamacineira@gmail.com,
- cunha nota dirixida á ANPA por medio d@ vos@ fill@
- en persoa cando nos vexades.
Reiteramos o noso desexo dun bo 2011 para tod@s.

miércoles, 26 de enero de 2011
CAMBIO NA HORA DO TRANSPORTE PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DOS XOVES
Ola de novo. Aínda que xa fostes informad@s por teléfono, confirmamos de novo o cambio de horario de saída do autobús o xoves.
A partires de mañá, día 27, o autobús sairá de Viladonelle ás 15.30, de xeito de que chegue á Escola un pouco máis tarde do que facía ata agora.
Este cambio obedece a que o autobús estaba a chegar moi cedo. Confiamos en que con este retraso na saída @s nen@s darán collido o transporte sen problemas e chegarán ao Colexio pouco antes do comenzo das actividades.

miércoles, 12 de enero de 2011
PAGO DAS ACTIVIDADES
Ola a todo@s. Só lembrarvos de que mañá, xoves 13, é o día en que estaremos no Centro das 17 ás 18 horas para o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)