jueves, 29 de septiembre de 2011

REUNIÓN

Ola de novo,

Ante todo, grazas a tod@s @s pais, nais, mestr@s e demáis membros desta comunidade educativa que asistises á reunión de hoxe.

Ás persoas que non puidestes asistir, resumimos o acontecido a continuación:

- Na reunión celebrada o luns 26 coa representante de Cultura do Concello de Neda, infórmaselle aos membros da ANPA presentes de que a posibilidade de asumir o Concello os gastos de transporte escolar para asistitr ás actividades extraescolares no CEIP Maciñeira é inviable.


- Dáse coma opción a asistencia ás actividades que o Concello organiza na zona urbana de Neda, as cales tampouco terían servizo de transporte.


- Ante esta situación, a  ANPA dá por finalizada dita reunión, e ao día seguinte remite unha nota de prensa ao Diario de Ferrol, expresando o seu descontento por esta decisión tomada sen previo aviso.


- A ANPA convoca unha reunión o xoves 29 onde propoñen enviar un escrito ao Alcalde do Concello de Neda solicitándolle unha reunión á que asistirían pais e nais d@s nen@s e na que pedirían unha explicación da decisión tomada por parte do Concello.


-A ANPA explica que se porá a organizar actividades extraescolares sen transporte escolar no CEIP Maciñeira, e axiña fará unha sondaxe para estudar o millor xeito de levalas a cabo.


- Na reunión tamén intervíu a Directora do Colexio e explicou como se está vendo afectado o Centro coas modificacións impostas pola Xunta.


Agardamos os vosos comentarios ao respecto.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

NOTA DE PRENSA

Boa tarde:

Achegamos a nota de prensa publicada hoxe no Diario de Ferrol respecto da reunión mantida o luns no Concello.

Lembrámosvos que é moi importante que asistades á reunión de mañá xoves. Esperamos vervos a tod@s!

lunes, 26 de septiembre de 2011

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011-12. IMPORTANTE!

Ola de novo,

Esta tarde representantes da ANPA se reuniron coa responsable de Cultura do Concello de Neda para tratar o tema das Actividades Extraescolares deste curso escolar.

Á vista dos resultados de dita reunión, convocámosvos a unha REUNIÓN URXENTE o vindeiro xoves 29 de setembro ás 5 da tarde no Colexio para tomar unha decisión ao respecto.

lunes, 19 de septiembre de 2011

¿QUE PASA COAS FOTOS?

Logo de termos intentado varias opcións, semella que a que millor funciona é a de compartir as fotos a través de Picasa. Se vos fixastes, eliminamos a galería de fotos da marxe esquerda deste blog porque moit@s non a daban visto. Con Picasa solucionamos este problema, ao poder compartir as fotos con aquelas persoas que o soliciten vía correo-e, indicando o seu nome e o d@ fill@ (por motivos de seguridade).

Compartir con Picasa tamén dá opción a que engadades as vosas fotos aos álbumes compartidos con vós.

Tamén podedes mandar as fotos ao noso correo-e, anpamacineira@gmail.com. Anímadevos! Lembrade que hai moitas persoas que non poden asistir aos actos das fotos, e que lles agradaría poder ver aos seus fill@s, cousa que poden facer ao través destas imaxes.

lunes, 12 de septiembre de 2011

BENVIDA AO NOVO CURSO 2011-12

Logo dun merecido descanso que desexamos tivesedes tod@s, estamos de volta no Colexio empezando un novo Curso.

Ao igual que cando empezamos este blog dende a ANPA do Colexio Maciñeira, esperamos que este ano haxa aínda máis que sigan e participen neste punto de encontro que pensamos pode ser moi enriquecedor para tod@s @s que forman parte desta comunidade educativa, tanto pais e nais coma profes, alumn@s, e calquera persoa relacionada con este Centro.

Axiña vos informaremos da actividades previstas para este ano.

Un saúdo afectuoso e que teñades un feliz comezo de curso!!