sábado, 22 de junio de 2013
BOS DÍAS DENDE MACIÑEIRA!!!
Logo de pasar unha noite onde durmimos (máis ou menos) no Cole, estamos en pé de novo, xogando no castelo inchable, debuxando no patio de arriba e preparando os globos de auga para o final da mañá. Pasámolo en grande, e esperamos ver ao Mago Macín de novo!
viernes, 21 de junio de 2013
BOAS NOITES DENDE MACIÑEIRA!!!
Estámolo pasando en grande no Cole. Xa podedes ver as fotos na Galería de Imaxes...
lunes, 17 de junio de 2013
FESTA DE FIN DE CURSO
O venres 21de 10 a 13 horas haberá Sesión Disco e Hinchable para celebrar o remate do curso. Vide todos!
viernes, 14 de junio de 2013
LUCAS EN RADIO BURELA
Agradecemos á profe Josefina de 2º de Primaria que nos enviou a ligazón de Proxecto Neo, unha colaboración entre Radio Burela e os Institutos Perdouro e Monte Castelo. Na emisión do pasado día 12 entrevistaron a Lucas Fojo Grandal, alumno de Josefina, ao que podedes escoitar a partires do minuto 6:30 premendo AQUÍ.
lunes, 10 de junio de 2013
FIN DE CURSO + UNHA NOITE CO MAGO MACÍN
O vindeiro 21 cadrará o fin de curso coa xornada de convivencia "Unha noite co Mago Macín". Ao longo destes días recibiredes máis información ao respecto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)