viernes, 20 de diciembre de 2013

Quen ten fotos?

Ola a todos,

Se alguén ten fotos que queira  compartir na Galería deste Blog, que nolas  faigan chegar por correo-e, (anpamacineira@gmail.com) ou que fale con calquera dos membros da ANPA.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

CURSO 2013-2014: BENVIDO!

Ola a todos e todas:

Esperamos tivesedes un bo verán e que o inicio do novo curso se realice con moita ilusión de comezar unha nova andaina no Cole de Maciñeira.

Axiña informaremos das actividades previstas para este curso.

Bo comezo!

ANPA DO CEIP MACIÑEIRA

sábado, 22 de junio de 2013

BOS DÍAS DENDE MACIÑEIRA!!!

Logo de pasar unha noite onde durmimos (máis ou menos) no Cole, estamos en pé de novo, xogando no castelo inchable, debuxando no patio de arriba e preparando os globos de auga para o final da mañá. Pasámolo en grande, e esperamos ver ao Mago Macín de novo!

viernes, 21 de junio de 2013

lunes, 17 de junio de 2013

FESTA DE FIN DE CURSO

O venres 21de 10 a 13 horas haberá Sesión Disco e Hinchable para celebrar o remate do curso. Vide todos!

viernes, 14 de junio de 2013

LUCAS EN RADIO BURELA

Agradecemos á profe Josefina de 2º de Primaria  que nos enviou a ligazón de Proxecto Neo, unha colaboración entre Radio Burela e os Institutos Perdouro e Monte Castelo. Na emisión do pasado día 12 entrevistaron a Lucas Fojo Grandal, alumno de Josefina, ao que podedes escoitar a partires do minuto 6:30 premendo AQUÍ.

lunes, 10 de junio de 2013

FIN DE CURSO + UNHA NOITE CO MAGO MACÍN

O vindeiro  21 cadrará o fin de  curso coa xornada de convivencia  "Unha noite co Mago Macín". Ao longo destes días recibiredes máis información ao respecto.

domingo, 19 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O venres día 24 celebraremos o Festival das Letras Galegas no Colexio ás 16.15 horas.

Estades todos invitados!

lunes, 6 de mayo de 2013

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES O 09/05/2013

Informamos a todos os nenos e nenas que asisten ás actividades dos xoves pola tarde que o vindeiro xoves 9 non  haberá actividades extraescolares a causa da folga convocada para ese día.Dende a ANPA sumámonos á convocatoria  de folga en contra da LOMCE  e animamos a toda a Comunidade Educativa a que faiga o mesmo, xa que, tal e como afirman dende a Federación de ANPAS de Centros Públicos, "estamos convencidos de que os pais e nais imos usar un día lectivo para gañar todos os dias do futuro".

domingo, 5 de mayo de 2013

CONVOCATORIA DE FOLGA NO ENSINO PÚBLICO

O vindeiro xoves 9 de maio hai convocadas varias mobilizacións en contra da LOMCE ou Lei Wert, anteproxecto de lei que pretende substituir á  actual lei de educación. En Ferrol hai convocada unha concentración ás 11.30 e outra ás 19.30, ambas na Praza de España
Como parte da Comunidade Educativa, consideramos que é esencial saber o que supón este anteproxecto, polo que achegamos ligazóns a fontes de información diversas:

Artigo de Escuela 2.0

Artigo de Ciudadanos por la Educación Pública
Artigo de El Correo Gallego
Anuncio de convocatoria de folga feita pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Información da Lei en Wikipedia
O Anteproxecto de Ley  Orgánica para a Mellora  para a Calidade da Educación



Dende a ANPA animamos a que vos informedes e 
que obredes en consecuencia, posto que todo isto 
afectará  ao futuro dos nosos  fillos  e fillas.





viernes, 5 de abril de 2013

ANDAINA POLO BELELLE

O vendeiro venres día 26 haberá unha andaina polo río Belelle para todos os nenos e nenas  do Colexio. Cada alumno/a de E. Infantil deberá ir acompañado por un adulto. Asi mesmo, a  ANPA invita a pais, nais  ou titores do alumnado de Primaria a que se unan a nós nesa mañá ao aire libre.


martes, 5 de marzo de 2013

COBRO ACTIVIDADE DE NATACIÓN

O mércores 12 será o día para efectuar o pagamento da actividade de natación, que se realizará nas propias insatalacións da Piscina de Caranza, das 16.30 ás 17.45 horas.

viernes, 8 de febrero de 2013

FELIZ ENTROIDO!!

Hoxe celebramos o xa tradicional Festival de Entroido no Colexio.

Faremos fotos que logo colgaremos na Galería de Imaxes que tendes á man esquerda, para que poidades ver todo  o esmero que nenos, pais e mestres puxeron nesta celebración.

miércoles, 23 de enero de 2013

LEMBRANDO A RONDA

Queremos dende a ANPA mandarlle unha aperta a Pedro Salas, adestrador canino que trouxo a Ronda ao Colexio por mediación da Asociación Estímulos a ensinarnos como poden axudar os animais a quen non pode facelo só/soa.