lunes, 14 de diciembre de 2015

DÍAS NON LECTIVOS/DÍAS DE XORNADA REDUCIDA

Acábanse de confirmar como días non lectivos22 de abril e o 16 de maio de 2016. 

Por outra banda, haberá 3 días de xornada reducida, nos que a xornada escolar será de 10:00 a 13:00 horas:


  • 18 de decembro de 2015
  • 5 de febreiro de 2016
  • 22 de xuño de 2016

CAMBIO DE Nº TELEFÓNICO

Con motivo do cambio de compañía telefónica por parte da Consellería de Educación, informámosvos do cambio do número de teléfono do Colexio:

Teléfonos:
881 93 04 02
881 93 04 01

Fax: 
881 93 04 03


domingo, 13 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro venres 18 celebrarase o Festival de Nadal en xornada escolar reducida de 10 a 13 horas.

A partires das 10.30 chegarán as SS.MM. os Reis Magos para que os nenos e nenas poidan entregar as súas cartas.

Logo será o festival, no que as actuacións terán a seguinte orde:

  • 3ºEP
  • 5º-6º EI
  • Toda EI
  • 4º EI 
  • 2º EP
  • 6º EP
  • 1º EP
  • 4º EP
  • 5º EP
Dende a ANPA desexamos a todos 

FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO 2016





jueves, 10 de diciembre de 2015

martes, 10 de noviembre de 2015

OBRADOIRO NO CONCELLO

Mañá mércores día 11 o Concello albergará o obradoiro Violencia de xénero no novo contexto dixital ás 17 horas na Casa das Palmeiras. Este obradoiro está dirixido a nais, pais, e familia en xeral, e haberá un servizo de acompañamento para os nenos que se acheguen coa súa familia.
Pódese ver máis informacion en www.pantallasamigas.net a onde pertence o persoal que imparte o obradoiro, que é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta.


FESTA DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


O vindeiro venres 13 celebrarase a Festa do Magosto no Colexio. Dende as 12 poderán acudir as familias a degustar as castañas e ous chourizos asados acompañados dos alumnos e do profesorado.
Propoñemos que todos traiamos colares de zonchos (castañas cocidas con pel) para lucilos durante a festa.

Lembramos que todo neno ou nena que teña algunha alerxia ou intolerancia alimentaria terá ao ser dispor comida e bebida axeitada á súa dieta sempre que se informe ao Centro con antelación.

Tamén pedimos que toda aquela familia que dispoña de leña aporte unha pouca ao Colexio nos días previos ao venres.

Tamén aproveitarase a xornada para que os nenos e nenas poidan bailar os seus peóns.



martes, 27 de octubre de 2015

XORNADA LÚDICO-DIDÁCTICA DO SAMAÍN: MÉRCORES 28 DE OUTUBRO


Nesta xornada dirixida a todo o alumnado haberá entrega de diplomas para participantes no Concurso de Cabazas, entrega de premios ás 3 cabazas máis orixinais e actividades a cargo da ANPA e o Profesorado relacionadas coa celebración. Os nenos e nenas poderán vir vestidos con atuendos relacionados co Samaín.

ESCOLA DE FAMILIAS EN NEDA

Mañá 28 de outubro ás 17.30 na Casa da Cultura terá lugar a 1ª reunión da Escola de Familias do Concello de Neda.

Se non entregastes a inscrición no Colexio, aínda podedes facelo chamando ao teléfono 981 390233 en horario de 9 a 13 horas.

viernes, 23 de octubre de 2015

CONCURSO DE CABAZAS

A partires do luns 26 poderanse traer cabazas decoradas ao Colexio, que serán expostas durante toda a semana. Haberá entrega de diplomas para os participantes e premios para as tres cabazas máis orixinais.

Animádevos!!!


domingo, 20 de septiembre de 2015

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Lembrade que o vindeiro xoves día 24 remata o prazo para anotar aos nenos e nenas ás Actividades Extraescolares, que este curso serán as seguintes, sempre e cando haxa un mínimo de participantes:
  • DEBUXO:----------------------------------- Luns, 16.00-17.00. €12/mes (todas as idades)
  • BAILE MODERNO:----------------------- Luns, 17.00-18.00. €10/mes (todas as idades)
  • APRENDE INGLÉS XOGANDO:------  Luns, 17.00-18.00. €10/mes (todas as idades)
  • NATACIÓN:-------------------------------   Mércores, 16.45-17.30. Matrícula + €7/mes (3 anos cumpridos no momento da inscrición)
  • PATINAXE:-------------------------------    Xoves, 16.00-18.00. €15/mes (a partires de 4 anos)
  • OBRADOIRO DE CREATIVIDADE:--- Venres, 16.00-17.30, €12/mes (todas as idades)
Os prezos indicados son para Socios da ANPA Maciñeira. Os Non-socios pagarán €3 a maoires en cada actividade escollida.

Para aclarar dúbidas ou pedir máis información, podedes falar con Ana ou Marga ou enviar un correo-e a anpamacineira@gmail.com.

martes, 1 de septiembre de 2015

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2015-2016

Bo Setembro a todos!

Achégase ligazóns para as axudas. Hai 2 axudas, unha dende a Xunta (información e impreso) e outra dende o Concello (información).

(O código de Centro é: 15022577)

viernes, 17 de julio de 2015

CHEQUES E LIBROS DO FONDO SEN RECOLLER

As persoas que non recolleran o cheque para a adquisición de libros ou os libros que lles corresponderon do Fondo existente no Colexio poderán facelo a partires do 1 de Setembro de 2015.

Aconsellamos tamén que gardedes unha fotocopia do cheque e que pidades factura dos libros que adquirades co cheque, para evitar malentendidos no caso de que a Xunta reclame libros que non teñades na vosa posesión.

Que pasedes un moi bo verán!



martes, 14 de julio de 2015

FONDO LIBROS E CHEQUES: CURSO 2015-16

Ola a todos e todas:

Lembrade que a recollida de vales é o día 15/07/2015 de 10:00 a 13:00 horas e que a recollida de libros do fondo solidario realizarase o venres 17 de 10:00 a 13:00 horas.



IMPORTANTE!


  • COMPROBADE QUE OS LIBROS MERCADOS SON OS QUE CONSTAN NO VALE. 
  • O  IMPORTE  DA AXUDA DEBERÁ DESTINARSE ÍNTEGRAMENTE Á ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO E SÓ  A  ISO (DE NON SER ASÍ, PÓDE NSE PERDER  AS AXUDAS PARA O CURSO ACADÉMICO SEGUINTE POR NON PODER DEVOLVER OS LIBROS  DE TEXTOS QUE RECLAMA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN)
  • Os libros non deben deteriorarse debido a que deberán manterse en uso durante seis cursos académicos. 
  • LEMBRADE QUE SON LIBROS DE PRÉSTAMO. É IMPORTANTE FORRALOS E POÑER O NOME DO ALUMNO/A NO FORRO (NUNCA DIRECTAMENTE NAS PASTAS OU NAS PÁXINAS).
  • A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e nas axudas para a adquisición de libros de texto convocadas pola Xunta de Galicia.

jueves, 21 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015



Resultado de imagen de LETRAS GALEGAS



Parabéns a todos os nenos e nenas participantes no Festival de hoxe. Axiña haberá fotos da celebración.

viernes, 8 de mayo de 2015

SOBRE RODAS!

Hoxe é a marcha ciclista que a ANPA organiza todos os anos en colaboración co Colexio. Pasádeo ben!
Resultado de imagen de marcha ciclista

jueves, 30 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Ola a todos!

 Xa están listas as fotos correspondentes ás actividades relacionadas con Día do Libro: Feira de libros usados, Contacontos de Paula Carballeira e Programa de Radio feita polos nenos e nenas do Cole e que podedes escoitar aquí:

jueves, 19 de febrero de 2015

O ENTROIDO REMATOU HOXE NO COLE!!

Coa volta a clase logo de termos celebrado o Entroido, comezamos un tanto festeiros coa queima do Meco, xa que non puidemos facelo o pasado día 13 por mor da chuvia...