martes, 10 de noviembre de 2015

OBRADOIRO NO CONCELLO

Mañá mércores día 11 o Concello albergará o obradoiro Violencia de xénero no novo contexto dixital ás 17 horas na Casa das Palmeiras. Este obradoiro está dirixido a nais, pais, e familia en xeral, e haberá un servizo de acompañamento para os nenos que se acheguen coa súa familia.
Pódese ver máis informacion en www.pantallasamigas.net a onde pertence o persoal que imparte o obradoiro, que é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta.


FESTA DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


O vindeiro venres 13 celebrarase a Festa do Magosto no Colexio. Dende as 12 poderán acudir as familias a degustar as castañas e ous chourizos asados acompañados dos alumnos e do profesorado.
Propoñemos que todos traiamos colares de zonchos (castañas cocidas con pel) para lucilos durante a festa.

Lembramos que todo neno ou nena que teña algunha alerxia ou intolerancia alimentaria terá ao ser dispor comida e bebida axeitada á súa dieta sempre que se informe ao Centro con antelación.

Tamén pedimos que toda aquela familia que dispoña de leña aporte unha pouca ao Colexio nos días previos ao venres.

Tamén aproveitarase a xornada para que os nenos e nenas poidan bailar os seus peóns.