martes, 22 de noviembre de 2011

REUNIÓN


A ANPA do CEIP Maciñeira convoca ás familias con fillos e fillas no Centro a unha REUNIÓN o vindeiro XOVES 24 de NOVEMBRO ás 17.30 horas no Colexio, onde se informará do resultado da solicitude de transporte escolar para as acividades extraescolares deste curso.

lunes, 21 de noviembre de 2011

BLOG DO COLEXIO

Xa vistes na nota enviada hoxe que no Colexio hai un novo blog do Departamento de Normalización Lingüística, ao que tenes acceso dende hoxe neste blog da ANPA (ver "LIGAZÓNS DE INTERESE" no menú da esquerda, despois da Galería de Fotos).

miércoles, 16 de noviembre de 2011

TAPÓNS SOLIDARIOS


Grazas a todo o mundo pola súa colaboración na recollida de tapóns. Xa se baleirou un bidón e o segundo vai medio cheo!!

Con esta inciativa trátase de axudar a Sonia, unha nena de Ferrol que padece unha enfermidade denominada "rara" (informádevos máis aquí).