martes, 27 de octubre de 2015

XORNADA LÚDICO-DIDÁCTICA DO SAMAÍN: MÉRCORES 28 DE OUTUBRO


Nesta xornada dirixida a todo o alumnado haberá entrega de diplomas para participantes no Concurso de Cabazas, entrega de premios ás 3 cabazas máis orixinais e actividades a cargo da ANPA e o Profesorado relacionadas coa celebración. Os nenos e nenas poderán vir vestidos con atuendos relacionados co Samaín.

ESCOLA DE FAMILIAS EN NEDA

Mañá 28 de outubro ás 17.30 na Casa da Cultura terá lugar a 1ª reunión da Escola de Familias do Concello de Neda.

Se non entregastes a inscrición no Colexio, aínda podedes facelo chamando ao teléfono 981 390233 en horario de 9 a 13 horas.

viernes, 23 de octubre de 2015

CONCURSO DE CABAZAS

A partires do luns 26 poderanse traer cabazas decoradas ao Colexio, que serán expostas durante toda a semana. Haberá entrega de diplomas para os participantes e premios para as tres cabazas máis orixinais.

Animádevos!!!