martes, 28 de diciembre de 2010

RECOLLIDA DE SINATURAS

En breve mandaremos pol@s vos@s fill@s un escrito onde se solicita á Consellería de Educación que dote ao Colexio dun pavillón cuberto.

Segundo a información da que dispoñemos, somos o único colexio da zona que non dispón desta instalación.

É por isto que a vosa colaboración é fundamental e vos pedimos que asinedes e devolvades o escrito ao Colexio á maior brevidade posible.

Haberá unha ligazón neste blogue para que poidades descargar o escrito no caso de que saibades de outras persoas (maiores de idade) que desexen apoiar esta iniciativa coa súa sinatura.

domingo, 26 de diciembre de 2010

BENVID@S!

Hoxe estreamos este blog onde queremos dar conta de todas as actividades realizadas pola ANPA do Colexio Maciñeira.

Pensamos que se trata dun bo xeito de ter informados a todos os pais e nais. Neste espazo web iremos incluindo as novas da ANPA así como unha galería de fotos, vídeos...etc, das actividades realizadas durante todo o curso. Para isto último precisamos do voso consentimento, polo que vos mandaremos unha autorización para empregar a imaxe d@s vos@s fill@s neste blog. Este documento podedes descargalo tamén aquí.