domingo, 28 de octubre de 2012

PAGO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Neste mes de Novembro, ao ser o 1º día festivo, pasamos o pagamento das actividades á seguinte semana, ou sexa, ao luns 5 e xoves 8.

miércoles, 24 de octubre de 2012

CESTA DE NADAL

Ola  de novo,

A partires de hoxe xa están á venda as rifas para o sorteo dunha Cesta de Nadal. O recadado irá destinado a aportar fondos para as actividades realizadas pola ANPA neste curso 2012-2013.

A cesta entregarase o día da Festa do Nadal, o vindeiro 21 de Decembro, entre todas as persoas presentes na festa, polo que o sorteo continuará ata que apareza o gañador ou gañadora.

As rifas custan €1 cada unha, e poderanse adquirir nos días de pago das  actividades así coma na Festa do Magsto. Todos os nenos e nenas a partires de 1º de Primaria que queiran vender rifas para axudar poden facelo a través da nota que se enviará a próxima semana.

Se tendes algunha dúbida, poñédevos en contacto con calquer membro da ANPA.


martes, 16 de octubre de 2012

CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O 18/10/2012

Á parte da nota enviada polos nenos para esta convocatoria de folga, tendes á vosa disposición información máis ampla sobre o motivo da mesma aquí, asi coma un modelo de xustificante da ausencia do neno ou nena ao Centro neste día, para os que queirades unirvos a esta protesta.