sábado, 12 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011


Graciñas a tod@s por asistir e botar unha man o pasado día 4 cando celebramos o Entroido no Colexio. Temos xa as autorizacions para poder mostrar máis fotos neste blog:


As persoas que desexen descargalas no seu PC, só teñen que enviar unha mensaxe (anpamacineira@gmail.com),indicando de quen son 
pais/nais/titores (por motivos de seguridade) e indicaremos o xeito de facelo.

Se tendes máis fotos que queirades compartir con todos a través deste blog, por favor enviádenolas.

Por outra banda, teremos en breve o receitario das elaboracións típicas dos distintos países que se degustaron na festa para que tod@s os interesad@s as teñan. Se tendes fotos destas receitas, por favor, mandádeas ao correo-e enriba indicado.

Deixámosvos de momento un documento elaborado polo Instituto de la Galleta onde atoparedes propostas ben orixinais. Para acceder a estas receitas, premede AQUÍ.

jueves, 3 de marzo de 2011

CHARLA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES

Bo día,

@s que estivestes o pasado martes 1 de marzo na charla ofrecida pola Pediatra e unha das Doutoras de cabeceira do Centro de Saúde de Neda tivestes ocasión de presenciar unha exposición amena e interestante sobre a saúde da alimentación.

Ambas profesionais recomendaron dúas páxinas de interese, das que vos deixamos ligazóns directas, a do supermercado Eroski e a dos cereais Kellogg's.


Asistentes tomando asento e as Doutoras Victoria Castro e Rosa Pérez

martes, 1 de marzo de 2011

PAGAMENTO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ola a tod@s.

Tal e como vos comunicaramos nunha nota enviada pol@s vos@s fill@s, o cobro mensual das actividades organizadas pola ANPA será o xoves 10  das 17 ás 18 horas.
A razón deste cambio débese a que o xoves 3 estaremos "coas mans na masa" preparando as orellas do entroido para a festa do venres. Se vos animades a botar unha man, pasade pola Escola!