jueves, 19 de febrero de 2026

Entroido 2026





Esta é a decoración que fixemos para respresentar o meco este ano, acorde á temática dos disfraces dos nen@s.




O pasado venres celebramos a tradicional festa do entroido, aínda que o tempo non acompañou para poder facer desfile.

Repartimos orellas e rosquillas, que estaban riquísimimassss, que voaron e quedamos coas miguiñas nada máis.



E para rematar deixovos unha foto dunha parte dos membros da Anpa, despois de traballar duro para esta celebración.





miércoles, 26 de noviembre de 2025

Concerto pola igualdade por Paco Pakolas

 Onte tivemos a sorte de que nos visitara Pakolas co seu espectaculo Cores, Contos & Rock' N' Roll con Ramona Orbita.




Ramona Orbita é unha muller labrega da serra do Courel que inventou unha máquina do tempo.
Pakolas a través da música conta a viaxe de Ramona a través do tempo, mentres Laura Romero fai as ilustracións de dita aventura.


Ó final da actuación unha nave chea de confeti aterrizou no patio cuberto. Foi xenial!!!

Pakolas tamén asinou os seus libros para o cole, fixo un diploma e Laura dexounos o mural para traballar con el noutras actividades.


martes, 25 de noviembre de 2025

Fin Escola de Familias

 Hola a tod@s, onte remataron as sesións da "Escola de Familias", Familias conscientes pola igualdades. Queremos agracedervos o apoio recibido pola vosa parte con esta iniciativa, agradecer tamén a colaboración da escola para levala actividade a cabo e por suposto a profesionalidade de Andrea Bechlian.

A continuación deixamos un resumo en forma de fotos das sesións realizadas:




























    




martes, 18 de noviembre de 2025

Ramona Órbita, Cores contos & Rock'N'Roll.

Por aquí os deixamos a segunda actividade de igualdade dirixida aos nen@s, en horario lectivo. Neste caso recibimos a Paco Pakolas co espectáculo Ramona Órbita, Cores contos & Rock'N'Roll.









sábado, 1 de noviembre de 2025

Samaín 2025

 Xa pasou o Samaín pola nosa escola, o xoves pasámolo en grande facendo obradoiros terroríficos con tod@s os nen@s.

Puxemonos unhas tatuaxes que daban un pouquiño de medo!







Fixemos unhas momias e uns pantasmas terroríficos!!!



Un experimento burbuxeante!!!




E tamén tivemos unha cabaza moi orixinal para encestar nela e levarnos para a casa un chaveiro temático.




 Para repoñer forzas logo de tanto traballo, comimos unhos boliños preñados en unhas castañas asadas!!!!Ummmm que bo estaba todo!!!




Unha gran festa!!! Grazas a tod@s pola colaboración, apoio e recoñecemento recibido.















viernes, 10 de octubre de 2025

Escola de familias: Familias conscientes pola igualdade

Dentro das actividades de Igualdade que se están a facer cos nen@s, tamén temos a "Escola de Familias" para tratar diferentes temar e ter ferramentas dende a casa. A primeira sesión será o día 20 de Outubro as 16, as seguintes sesións iremos recordandovos as datas e avisaremos con antelación.









 

miércoles, 8 de octubre de 2025

Igualdade e Maxia da Man



Hoxe recibimos a visita dos magos Sara e Carlos, da compañía Magia en la Manga, co seu espectáculo: A IGUALDADE NON TEN TRUCO!


Fixeron trucos de maxia, con cartas, con fios, cubos de rubik, panos, auga.....en donde tamén participaron os nen@s e ata a algún profe.




Entre truco e truco, os magos sacaban unha imaxe dunha muller que fixera ou seguía a facer maxia,e explicaban a súa historia. Porque explicaron que aínda que hai poucas....tamén hai mulleres magas. 


Esperamos que os nen@s disfrutaran do espectáculo!!!! Ata a próxima!!!