Onte tivemos a sorte de que nos visitara Pakolas co seu espectaculo Cores, Contos & Rock' N' Roll con Ramona Orbita.
Ramona Orbita é unha muller labrega da serra do Courel que inventou unha máquina do tempo.
Pakolas a través da música conta a viaxe de Ramona a través do tempo, mentres Laura Romero fai as ilustracións de dita aventura.
Ó final da actuación unha nave chea de confeti aterrizou no patio cuberto. Foi xenial!!!
Pakolas tamén asinou os seus libros para o cole, fixo un diploma e Laura dexounos o mural para traballar con el noutras actividades.


No hay comentarios:
Publicar un comentario