martes, 28 de diciembre de 2010

RECOLLIDA DE SINATURAS

En breve mandaremos pol@s vos@s fill@s un escrito onde se solicita á Consellería de Educación que dote ao Colexio dun pavillón cuberto.

Segundo a información da que dispoñemos, somos o único colexio da zona que non dispón desta instalación.

É por isto que a vosa colaboración é fundamental e vos pedimos que asinedes e devolvades o escrito ao Colexio á maior brevidade posible.

Haberá unha ligazón neste blogue para que poidades descargar o escrito no caso de que saibades de outras persoas (maiores de idade) que desexen apoiar esta iniciativa coa súa sinatura.

No hay comentarios: