sábado, 12 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011


Graciñas a tod@s por asistir e botar unha man o pasado día 4 cando celebramos o Entroido no Colexio. Temos xa as autorizacions para poder mostrar máis fotos neste blog:


As persoas que desexen descargalas no seu PC, só teñen que enviar unha mensaxe (anpamacineira@gmail.com),indicando de quen son 
pais/nais/titores (por motivos de seguridade) e indicaremos o xeito de facelo.

Se tendes máis fotos que queirades compartir con todos a través deste blog, por favor enviádenolas.

Por outra banda, teremos en breve o receitario das elaboracións típicas dos distintos países que se degustaron na festa para que tod@s os interesad@s as teñan. Se tendes fotos destas receitas, por favor, mandádeas ao correo-e enriba indicado.

Deixámosvos de momento un documento elaborado polo Instituto de la Galleta onde atoparedes propostas ben orixinais. Para acceder a estas receitas, premede AQUÍ.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

bonita presentación!

Anónimo dijo...

podemos nos baixar fotos para o noso ordenador? graciñas por traballar para que os demais teñamos recordos dos nosos fillos