sábado, 14 de mayo de 2011

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Esperamos que disfrutarades no Festival de ontes con motivo da celebración do Dia das Letras Galegas vendo como @s nen@s de Maciñeira se convertían en verdadeir@s artistas.

Dende aquí pedimos a tod@s que se tendes vídeos ou fotografías que queirades compartir neste blog, facédenolos chegar vía correo-e (anpamacineira@gmail.com).

Tamén podedes mandárnolas pol@s vos@s fill@s nun disco ou lápis de memoria (prometemos devolvelo!!) á atención da ANPA e que lla entreguen ao/á profe.

Deixámosvos unha ligazón a un blog sobre Lois Pereiro, por se alguén que saber algo máis deste representante da escritura en galego elixido este ano para celebrar o 17 de maio. Tamén hai un documental en internet, que poderedes tamén aquí.

No hay comentarios: