martes, 10 de noviembre de 2015

OBRADOIRO NO CONCELLO

Mañá mércores día 11 o Concello albergará o obradoiro Violencia de xénero no novo contexto dixital ás 17 horas na Casa das Palmeiras. Este obradoiro está dirixido a nais, pais, e familia en xeral, e haberá un servizo de acompañamento para os nenos que se acheguen coa súa familia.
Pódese ver máis informacion en www.pantallasamigas.net a onde pertence o persoal que imparte o obradoiro, que é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta.


No hay comentarios: