miércoles, 23 de noviembre de 2016

CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O 24/11

Dende a ANPA do CEIP Maciñeira queremos dar o noso apoio á folga estudantil convocada para mañá xoves 24 de novembro. Entendemos que, a pesares do éxito que tivo a convocatoria do mes pasado, debemos seguir presionando para que o goberno suprima definitivamente as reválidas e non só as pospoña, tal e como se anunciara tras a primeira folga. Agora que o goberno  central non ten maioría absoluta, entendemos que hai posibilidades de que algo por fin cambie!

Aínda que a folga está dirixida ao ensino secundario, cremos dende a ANPA que como pais/nais debemos apoiar a convocatoria e acudir á concentración ás 12 diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol. Pensemos que @s nos@ fill@s pertencerán a esta etapa algún día!

Por esta razón, non haberá servizo de comedor nen actividades extraescolares o xoves 24, e pedimos desculpas polas molestias que isto poida ocasionar.

Información da páxina do Sindicato de Estudiantes

No hay comentarios: