Onte tivemos a sorte de que nos visitara Pakolas co seu espectaculo Cores, Contos & Rock' N' Roll con Ramona Orbita.
miércoles, 26 de noviembre de 2025
Concerto pola igualdade por Paco Pakolas
martes, 25 de noviembre de 2025
Fin Escola de Familias
Hola a tod@s, onte remataron as sesións da "Escola de Familias", Familias conscientes pola igualdades. Queremos agracedervos o apoio recibido pola vosa parte con esta iniciativa, agradecer tamén a colaboración da escola para levala actividade a cabo e por suposto a profesionalidade de Andrea Bechlian.
A continuación deixamos un resumo en forma de fotos das sesións realizadas:
martes, 18 de noviembre de 2025
Ramona Órbita, Cores contos & Rock'N'Roll.
Por aquí os deixamos a segunda actividade de igualdade dirixida aos nen@s, en horario lectivo. Neste caso recibimos a Paco Pakolas co espectáculo Ramona Órbita, Cores contos & Rock'N'Roll.
sábado, 1 de noviembre de 2025
Samaín 2025
Xa pasou o Samaín pola nosa escola, o xoves pasámolo en grande facendo obradoiros terroríficos con tod@s os nen@s.
Puxemonos unhas tatuaxes que daban un pouquiño de medo!Fixemos unhas momias e uns pantasmas terroríficos!!!
Para repoñer forzas logo de tanto traballo, comimos unhos boliños preñados en unhas castañas asadas!!!!Ummmm que bo estaba todo!!!
Unha gran festa!!! Grazas a tod@s pola colaboración, apoio e recoñecemento recibido.
viernes, 10 de octubre de 2025
Escola de familias: Familias conscientes pola igualdade
Dentro das actividades de Igualdade que se están a facer cos nen@s, tamén temos a "Escola de Familias" para tratar diferentes temar e ter ferramentas dende a casa. A primeira sesión será o día 20 de Outubro as 16, as seguintes sesións irase marcando data e avisaremos con antelación.
miércoles, 8 de octubre de 2025
Igualdade e Maxia da Man
Fixeron trucos de maxia, con cartas, con fios, cubos de rubik, panos, auga.....en donde tamén participaron os nen@s e ata a algún profe.
Entre truco e truco, os magos sacaban unha imaxe dunha muller que fixera ou seguía a facer maxia,e explicaban a súa historia. Porque explicaron que aínda que hai poucas....tamén hai mulleres magas.
Esperamos que os nen@s disfrutaran do espectáculo!!!! Ata a próxima!!!
miércoles, 1 de octubre de 2025
A IGUALDADE NON TEN TRUCO
Ola a tod@s, neste trimestre temos programadas varias actividades referidas á igualdade. A continuación, tedes a presentación da primeira, dirixida ós nen@s e en horario escolar.
viernes, 29 de agosto de 2025
lunes, 23 de junio de 2025
FIN DE CURSO 2024/25
Como tod@s sabedes o pasado venres rematou a escola. E para despedir este curso tivemos unha gran festa!!!!
![]() |
| Preparando a merenda |
Queremos agradecer a colaboración das familias que apostan por ser soci@s para que poidamos seguir a nosa labor, que non é outra que traballar para os nenos e nenas do noso cole.
![]() |
| Presidenta honorífica cun pequeno agasallo |
jueves, 12 de junio de 2025
Día do Deporte 2025
Moi boas familias!
Hoxe tivemos un día superdivertido e moi entretenido, xa que tivemos un montón de deportes para practicar e aprender.
![]() |
| Tenis / pickeball |
![]() |
| Xadrez |
![]() |
| Ximnasia artística |
![]() |
| Voleibol |
jueves, 27 de febrero de 2025
ENTROIDO 2025
Moi boas soci@s,
Esta semana estivemos moi atarefadas, xa que dende o pasado venres tivemos unhas invitadas moi especiais no cole.
Todo comezou cando puxemos a decoración do Meco:
Parece ser que, por esa pequena porta amarela, abrimos (sen sabelo) paso ó maravilloso País das Maravillas, e dende alí aparecían personaxes a visitar ós nen@s para indicarlles os Mandados do Meco para cada día.
sábado, 1 de febrero de 2025
Novo carnet de soci@s
Moi boas a tod@s!
Tal e como vos comunicábamos onte xa tedes dispoñibles o carnet de soci@ da Anpa do cole Maciñeira.
Os comercios asociados van aplicar diferentes descontos cando vaiades a mercar neles e ensinedes o noso carnet. Si por calquer motivo non vos acordades de cales, son podedes consultalos neste mesmo blog, xa que engadimos unha pestana "Comercios colaboradores 2024/25".
Esperamos que vos gustase esta iniciativa e poidades utilizalo nas vosas compras e poder aforrar un pouquiño.
Seguiremos traballando para poder ter máis colaboradores, e no caso de engadir algún xa vos informaremos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.


























_page-0001.jpg)
.jpg)





(1)(1)(1).jpg)




.jpg)








