jueves, 27 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025

 Moi boas soci@s,

Esta semana estivemos moi atarefadas, xa que dende o pasado venres tivemos unhas invitadas moi especiais no cole.

Todo comezou cando puxemos a decoración do Meco:


Parece ser que, por esa pequena porta amarela, abrimos (sen sabelo) paso ó maravilloso País das Maravillas, e dende alí aparecían personaxes a visitar ós nen@s para indicarlles os Mandados do Meco para cada día.


Onte foi o último día da súa visita, aínda que nos dixeron que volverán para o ano.

Hoxe tivemos a Gran Festa do Entroido do cole de Maciñeira co tradicional desfile dos disfraces de cada curso escolar tamén, como non podía ser doutra maneira, a degustación de orellas e rosquillas.




Moitas grazas a tod@s!


 


No hay comentarios: