Moi boas a tod@s!
Tal e como vos comunicábamos onte xa tedes dispoñibles o carnet de soci@ da Anpa do cole Maciñeira.
Os comercios asociados van aplicar diferentes descontos cando vaiades a mercar neles e ensinedes o noso carnet. Si por calquer motivo non vos acordades de cales, son podedes consultalos neste mesmo blog, xa que engadimos unha pestana "Comercios colaboradores 2024/25".
Esperamos que vos gustase esta iniciativa e poidades utilizalo nas vosas compras e poder aforrar un pouquiño.
Seguiremos traballando para poder ter máis colaboradores, e no caso de engadir algún xa vos informaremos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario